Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Tizón

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Pereiro de Abaixo, 70
C.P.: 36995
Concello: Poio
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.444682, W -8.707706

Horario:

Dende abril a xuño
luns a sábado: 19:00 a 00:00
domingo: 12:00 a 16:00 e 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

Furancho Tizón atópase no concello de Poio, na parroquia de San Xoán, moi preto de Combarro. Para chegar ó furancho hai que coller o cruce á dereira que hai na estrada que vai dende Poio ata Combarro, pouco antes de chegar ao Hotel Combarro, en dirección Casalvito/O Pereiro. Seguindo por esta estrada chegamos á rúa Pereiro de Abaixo. No número 70 está o furancho.

Diante da porta ten sitio para aparcar uns catro ou cinco coches, pero pola estrada non é moi complicado atopar sitio para deixalo.

O furancho dispón de dúas zonas moi ben diferenciadas. Por un lado ten unha ampla terraza con unha bonita decoración e numerosas mesas, e por outro lado ten no interior un espazo algo máis reducido con un ambiente agradable e acolledor. O sitio esta moi ben coidado e tanto na terraza coma no interior pódese desfrutar moi cómodamente dunha cunca de viño acompañada por unha boa tapa.

Polo tema do Covid este ano estarán abertos ata xullo con horario de 18 a 21 horas e os domingos e festivos tamén pola mañán de 12 a 16.

A comida deste sitio é unha marabilla. Teñen mán coa cociña e nótase nas súas tapas. Sirven tapas de orella, zorza, tortilla, raxo ou chourizos ó inferno. As racións son abundantes y no caso do raxo e a zorza pódese pedir media ración que é suficiente para dúas persoas. De postres non pode faltar a tetilla con membrillo ou o flan caseiro.

De viños teñen albariño que cho sirven por xarra, media xarra ou por copa, e tamén blanco e tinto do país. Os viños están moi bos e póñenche unha tapiña de xamón para acompañalos.

O furancho Tizón é un sitio totalmente recomendable para os que desfrutan dunha comida caseira acompañada de viños da terra con un trato inmellorable. É un furancho para repetir.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho Tizón”

Your email address will not be published. Required fields are marked *