Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Buscar furanchos

Buscar furanchos é unha tarefa complicada, pero con Furancheiro todo ese proceso é moito máis sinxelo. No mapa situamos os furanchos e recunchos que imos visitando e os que nos achegades vós.

Móvete polo mapa para localizar o teu próximo destino e pulsando en cada icono despregarase unha imaxe co nome do sitio e unha ligazón para ampliar a información.
Localizar os furanchos, saber cando abren, que horario teñen ou como chegar a eles é unha tarefa dura e é por iso que aos poucos imos engadindo máis localizacións.

Se coñeces ou es propietario dalgún sitio que queres que apareza en Furancheiro non o dubides e contáctanos, nós editarémolo e pasados uns días subirémolo á web para que o resto de usuarios poidan velo e ata valoralo.

marcador_furanchos
Furanchos
marcador_recunchos
Recunchos

Furanchos e recunchos destacados

Todo o que queres saber

Obter información dos furanchos é algo moi complicado xa que son negocios temporáis, que non abren tódolos anos porque dependen das colleitas, que non pechan nas mesmas datas e moitas veces, teñen que adiantar o peche se o viño remata antes…

Tendo en conta todas estas variables, en Furancheiro traballamos para obter información de primeira man, que sexa o máis fiable posible, para poder chegar ós furanchos nas datas e nos horarios correctos.

A maiores falamos do lugar, do seu viño, das súas tapas e de tódolos detalles ou curiosidades que creemos que deban ser contados para que teñades unha referencia do sitio e poidades escoller a vosa mellor opción.

Cómo chegar

Esta é unha das grandes complicacións á hora de buscar furanchos xa que so teñen permitido indicar a súa localización con pólas de loureiro. Nós localizámolos e contámosvos como chegar. Ademais ofrecemos unha ligazón a Google Maps coas coordenadas exactas que vos levarán ata a mesma porta do sitio. O de perderse vai deixar de ser unha escusa.

Descripción

Moita xente prefire ir á aventura e probar aquí ou alí, pero a maioría gústanos que nos conten co maior detalle posible como é o sitio, qué tal está o viño ou a súa comida, qué tapas serven, cál é a súa especialidade, se é doado aparcalo coche ou un feixe de cousas máis. Canto máis mellor.

Información de interese

Chegar está ben pero precisamos saber en que datas abren, que horario teñen, un teléfono para facer unha reserva ou confirmar que están abertos, ligazóns ás súas redes socias para seguir toda a actualidade que van publicando nos seus perfís. Non temos segredos, de todo o que teñamos coñecemento publicarémolo na nosa web.

Valoracións

Nesta parte é onde interactuades vós. Cada sitio ten habilitado un espazo onde podedes valorar e facer os vosos comentarios. Creemos que é moi útil ler os comentarios da xente que coñece os lugares. Quen mellor ca eles para contarnos.