¿De qué vai isto de Furancheiro?
Os recordos de cando o teu avó mandábache a buscar o viño á bodega de Isidro, que tiña ese cheiro tan característico, mezcla de viño nas cuncas, chourizo nos pratos e serrín no chan, foi o prólogo de cando anos despois, xa en idade de probar eses caldos, mirabamos as pólas de loureiro colgadas polas rúas e invadíanos a tentación de ir a tomarnos “unha taza”.
Pero iso de atopar pólas de lourerios cada día é máis complicado. Sacando o furancho de Pepe de toda a vida, ou o que che contou o teu cuñado que abriu un veciño que traballaba con él en Citroën, non sabes nin por onde empezar a buscalos.
En Furancheiro queremos que os furancheiros coma nós poidan ter onde escoller. Que teñades información de primeira mán. Que poidades dar a vosa opinión e ler ás dos demáis.
¿Queres que che levemos ós furanchos?
¿Somentes furanchos?
Pois non, pra que enganarnos…
En Furancheiro sabemos que aquilo do furancho que somentes serve viño de excedente cunhas poucas tapas no baixo da casa da Mucha, xa case forma parte das historias dos nosos pais.
Por iso preferimos ampliar o choio e buscar os furanchos, os loureiros, os abillados, pero tamén eses outros recunchos que merecen a pena ser visitados.
Eses sitios que non aparecen na guia Michelín e moitos nin en Google. Nos que a comida non empeza por “mac” nin remata con “king”. Nos que saben se o cachelo vai no polbo á feira ou no polbo á galega.
¿Entendes verdade?
¿Somentes furanchos?
Pero entón, ¿qué é un furancho?
Un furancho como tal é unha parte habilitada dunha vivenda particular que abre ó público uns poucos meses do ano pra vender o excedente de viño elaborado na casa que ten aínda da colleita do ano anterior.
Os furanchos somentes poden abrir durante un máximo de 3 meses ó ano. Por normativa, a tempada de furanchos empeza o 1 de decembro e remata o 30 de xuño, pero estas ordenanzas son locais e poden variar duns conceloos a outros. Ademáis, se algún furancho acredita a necesidade de abrir máis tempo pode facelo pero non máis aló do 31 de xullo.
O viño que se serve non pode ser embotellado e debe ser de colleita propia e de viñas da zona. Tamén se limita o número de tapas que se poden servir a un máximo de 5.
É verdade que cada Concello ten as súas propias lexislacións sobre furanchos pero son moi similares todas.
Furancho, loureiro ou abillado
Pois a diferenza entre os tres é ben pequena. Todos teñen a finalidade de vender o excedente de viño caseiro, pero no caso dos loureiros e dos abillados a comida pra acompañar a ese viño a achegan os propios usuarios das súas casas.
Preguntas frecuentes
Non quedes coa dúbida
Porque nesas provincias, moi ó noso pesar, non hai furanchos. Ós furanchos son case exclusivamente das provincia de Pontevedra e algún atópanse no sur da provincia da Coruña na subzona do Albariño da Ribeira do Ulla.
Moitos dos furanchos ou recunchos que aparecen en Furancheiro son enviados por vós a través do noso formulario na pestaña de Contacto. Non contrastamos os datos e damos por feito que son correctos na maioría dos casos. Se algún é incorrecto agradecémosche que nolo fagas saber enviándonos un mail á seguinte dirección info@furancheiro ou un whatsapp ao número 644670924.
É moi sinxelo. Dende a páxina do furancho ó que queres ir, na parte da información de interese e xusto despois da dirección, indícanse as coordenadas GPS, e hai un botón que di “Ver en Google Maps”. Pulsando este botón no teu teléfono móbil abrirase a aplicación de Google que te indicará paso a paso como chegar.
Podes filtrar a búsqueda da pestaña de Furanchos polo mes actual e dese xeito só aparecerán os que están abertos no mes seleccionado. Na parte de información de interese do propio furancho terás información máis detallada acerca da data de apertura e do horario.
Non, eses tres meses de licenza de apertura que solicitan é o tempo máximo que poden estar abertos, sen embargo, moitos furanchos pechan antes porque rematan todo o viño que teñen. Esta circunstancia adoitan avisala no propio furancho.
Para nós un recuncho é un “mal chamado” furancho. É dicir, un sitio que ten case tódalas características pra ser un furancho, ou que no seu día empezou como tal, pero que co tempo foise convertendo nunha tapería que abre todo o ano. Estes sitios soen gardar o encanto e recendo da nosa terra, normalmente están agochados e teñen prezos razoables.
Sí, a diferenza dos furanchos que só abren uns poucos meses, os recunchos están abertos durante todo o ano.