Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho do M. Judas

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño do Cotonaval, 16
C.P.: 36417
Concello: Mos
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.197394, W -8.622353

Horario:

Dende marzo a xuño
luns a venres: 17:00 a 00:00
sábado e domingo: 12:00 a 15:00 e 17:00 a 00:00

Estes horarios son orientativos e poden variar

Teléfono:

Comparte este furancho:

furancho do M. Judas está situado en Torroso no concello de Mos. O teñen moi ben indicado xa dende a rotonda de Peinador en non é difícil chegar se segues as súas sinais.

Dende esa rotonda e baixando pola estrada de Peinador-Os Valos hai que collela estrada sentido Sobráns Lourido. Atravesade a estrada de Puxeiros-Mos e ó pasala igrexa de San Mamede de Torroso temos un xiro á dereita a uns 700 metros no que xa chegamos ó furancho.

Este furancho ten un aparcadoiro propio para uns dez coches máis ou menos. Non soe haber problemas de aparcamento polo afastado do sitio e porque non é un furancho pra moita multitude.

Xa no interior atopámonos cun sitio un pouco escuro pero acolledor, cunha curiosa forma de separalas estancias con moquetas de chan postas a xeito de paredes. Esa mesma moqueta serve pra forralos bancos de madeira.

O sitio non é moi amplo pero está moi ben aproveitado. Ten unha ducia de mesas, unhas pra catro ou cinco persoas, outra grande para dez persoas máis ou menos e despois uns barrís para catro como moito. Teñen unha cheminea de leña no medio da estancia e outra máis pequena ó fondo do comedor. O teito está repleto de mazarocas de millo.

Para acompañalo viño teñen racións de tortilla, raxo, zorza, chourizos, embutidos, croquetas ou pementos de Padrón. As ración son abundantes e a comida está boa. Os viños, como non pode ser doutro xeito, son brancos ou tintos da zona que se deixan beber.

Unha das curiosidades chegou despois dos postres e dos cafés, cando nos puxeron varias botellas con licores caseiros. Un deles era un licor café transparente. Quedamos abraiados e xa nos explicaron que pra facelo necesítase moito máis café que cando se fai polo método tradicional da maceración. O millor de todo é que estaba ben rico, pero facíase raro beber aquilo que parecía augardente branca con sabor a licor café.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho do M. Judas”

Your email address will not be published. Required fields are marked *