O furancho Finca Filgueira atópase na parroquia do Lérez no concello de Pontevedra.
Chégase pola Avenida de Compostela que pasa a carón da Cidade Universitaria de Pontevedra en sentido Santiago/Calda de Reis. Chegando á rotonda da estrada N-550 collemos a primeira saída á dereita que vai para o Hospital Montecelo e a uns 250 metros aproximadamente atópase o furancho.
Este furancho abriu as súas portas por primeira vez en abril de 2019.
Trátase da bodega dunha vella casa restaurada e faise un sitio agradable pra tomar un viño e unhas tapas. Dispoñen tamén dunha zona exterior con algunas mesas.
De viños brancos teñen Albariño e país, e de tinto teñen Barrantes con algo de Caíño. De tapas serven orella, raxo, pementos, tortilla, táboa de embutidos, chourizo con patacas ou marmelo con queixo de tetilla.
A comida é boa, os prezos tamén e teñen uns licores caseiros que non podedes deixar de probar.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.