O furancho Cadaval está na parroquia de O Viso no concello de Redondela.
Chégase pola nacional N-550 que une Redondela con Pontevedra. Á altura de Cesantes debemos coller o desvío á dereita polo Camiño da Ganga (atentos á póla de loureiro) ata chegar á Estrada da Nogueira.
Este furancho é un lugar acolledor, unha casa antiga restaurada onde se ofrecen pratos típicos como tortilla, raxo, orella, zorza, pementos, chourizo frito e ó inferno ou empanada e empanadillas. A especialidade deste furancho son as empanadas de millo corvo.

















Reseñas
Aínda non hai valoracións.