O furancho A Palmeira está situado no camiño da Resteva. Pra chegar so tes que coller a estrada de Peinador – Os Valos e a un kilómetro aproximadamente dende a rotonda tes un xiro á dereita que se incorpora a este camiño. O furancho está a uns 400 metros dende o cruce. Non é moi doado aparcar xa que a estrada é de dobre sentido é non deixa moito espazo pra deixalo coche pegado contra o muro da casa.
É un furancho cun patio exterior moi amplo, con varias zonas de mesas. Unha debaixo dun cobertizo con dúas grandes mesas e bancos corridos nas que perfectamente pódense sentar unha ducia de persoas en cada unha. Hai outras mesas debaixo dun camelio ó carón dun lagar de viño. E tamén teñen una barra cuns taburetes.
Teñen un pequeno comedor con media ducia de mesas aproximadamente ó carón da barra.
Abre tódolos días a partires das 6 da tarde e os fins de semana tamén abre a mediodía. Teñen viño branco ou tinto da zona e acompáñancho con un anaco de tortilla ou o que teñana feito nese momento e xa pola tarde-noite podes pedir empanada, tortilla, pementos, chourizos… Polo que nos dixeron a empanada voa axiña e non tarda en rematarse. Hai que bulir para non quedar sen probala.
Outro día viremos con máis tempo a comer esa famosa empanada.
Charo –
La dueña Pura un encanto de persona, te hace sentir que estás en casa… La comida muy rica
Lore –
Empanada de escándalo y vino blanco riquísimo