O Furancho O Canastro está en Redondela, na parroquia de Reboreda.
É un magnífico furancho pra ir en familia ou cos amigos, xa que é moi amplo e ten numerosas mesas, tanto no exterior coma no interior do sitio. Probablemente é un dos furanchos de Redondela con mellores vistas. Dende él pódese ver toda a ensenada de San Simón e a Ponte de Rande.
Hai que ir en coche, pero non hai problema para aparcalo porque dispón de dous aparcadoiros distintos con suficiente espazo para bastantes coches.
Chégase dende a estrada que leva de Redondela a Cesantes, collendo o Camiño da Ganga. Nese mesmo cruce xa teñen unha póla de loureiro e un letreiro, e de alí ata o furancho está moi ben indicado en tódolos cruces. Non ten perda.
Serven tapas de raxo, costelas adobadas, empanada de pan de millo e trigo de zamburiñas ou chocos, tortilla, pementos, tetilla con marmelo, … Os viños, tanto o branco coma o tinto son mellorables, pero en xeral a comida está boa e os prezos son razoables.
Este furancho pecha as súas portas a finais do mes de xullo xa que ten moitas mesas exteriores e teñen que aproveitar o bo tempo dese mes. Se chove tamén abren, xa que hai sitio dentro e tamén teñen mesas cubertas no xardín.
Vanesa –
Fui ayer por primera vez(tenéis fotos del lugar en mi insta @vamandy13) y me ha encantado .
Vistas de toda la ría ,entorno espectacular ,terraza con mucha capacidad ,comida riquísima y precios económicos.En conjunto ….para repetir 100%!!!!
Carlos –
Nosotros fuimos dos, tomamos una de costillas, pimientos de Padrón, media tortilla y dos vinos y nos cobraron 21 euros. Todo abundante. Nos pareció asequible de precio.
Monica –
Y de precios ,como anda?