O Furancho de Olimpio atópase na furancheira parroquia redondelana de Reboreda. Chégase pola estrada que vai dende Redondela ata Pazos de Borbén, collendo despois o cruce á Estrada de Pazos ata chegar ó camiño do Tarrastal.
Comida caseira de moi boa calidade, cunhas empanadillas e empanadas de pan de millo boísimas. O viño moi bo, tanto branco coma tinto. Dispón dun amplo sitio para aparcar. Para comer tanto fora baixo unhas parras de ameixeiras gozando dunhas vistas que namoran, coma dentro nun amplo galpón.
Sitio tranquilo para ir con nenos onde poden ver animais como pavos reais ou galiñas holandesas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.