O furancho De Pepita está na parroquia de Cedeira no concello de Redondela. Esta parroquia é coñecida polo ter o “millor banco do mundo” con unhas espléndidas vistas sobre a ría de Vigo á altura da ponte de Rande.
Pra chegar ó furancho De Pepita colleremos na rotonda do Mercadona que hai na nacional N-552 á dereita se vimos dende Rande pra ir pola estrada de subida a Cedeira. Seguimos todo recto ata chegar ao colexio e Igrexa de San Andrés. No cruce fronte o colexio atópase o furancho.
É un deses furanchos que abre tódolos días da semana a partires das sete da tarde. O sitio é pequeno pero ten unhas sete ou oito mesas que dan para que se poida sentar bastante xente. Varios pósteres de Tintín adornan as paredes. Na porta tedes unha cesta con limóns e podedes levar unha ducia por 2 euros.
Serven brancos e tintos ricos e racións de empanada con pan de millo ou trigo, zorza, orella, tortilla de pataca, tetilla con membrillo… Pra ser un furancho non nos pareceu especialmente barato pero tanto o viño coma empanada estaban ben bos.
Maria Iglesias –
El Furancho de Pepita abre siempre la misma temporada, durante el mes de Marzo, éste año abre el 29 de febrero y la previsión es cerrar el 14 de Marzo.
Mónica –
Buenos días
Querría saber si todavía estáis abiertos
Gracias
Furancheiro –
Hola Mónica, no está abierto. En la descripción del furancho tienes toda la información sobre los horarios.
El 31 de julio es el último día en el que pueden estar abiertos los furanchos, por lo que en estas fechas ya no encontrarás ninguno abierto con esta licencia.
Ahora toca esperar hasta el 1 de diciembre que pueden volver a abrir.
Un saludo.