O furancho A Fonte está situado no concello de Mos, moi preto do Aeroporto de Vigo. Chégase dende a estrada Peinador-Os Valos collendo o desvío cara a Cerdedelo/Torroso. Dende este curce baixamos aproximadamente uns 700 metros e xa atopamos o furancho A Fonte.
Non deixa de ser o garaxe da casa e parece máis pequeno do que realmente é. Entrarán doadamente unhas cincuenta persoas sentadas. O que xa non é tan doado é aparcar pola zona. Hai que buscarse un pouco a vida polos camiños cercanos.
Neste furancho pódese facer reserva por teléfono ou whatsapp (tedes o teléfono na información de interese). Na fin de semana é recomendable facela reserva se ides un grupo numeroso porque soe estar ateigado de xente e probablemente non atopedes mesa para todos.
Teñen un viño excelente, tanto branco coma tinto, e gran variedade de tapas. Dende zorza, pementos de Padrón, tortilla, orella, ovos fritidos con chourizo ou táboa de embutidos ata algo de churrasco con patacas e ensalada. Xa sabemos o que ides dicir do churrasco nos furanchos e estamos totalmente dacordo con vós. Tamén teñen algún que outro postre caseiro que merece a pena probar.
Se este sitio está sempre cheo por algo será…
Reseñas
Aínda non hai valoracións.