Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Do Fermín

Por Furancheiro
(3 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Carretera PO-2907, 100
C.P.: 36817
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.271154, W -8.600270

Horario:

Dende maio a xullo
luns a domingo: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño ou ás restriccións polo Covid

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

furancho Do Fermín está na parroquia de Quintela no concello de Redondela.

Se chegas a Redondela dende Porriño pola nacional N-550, debes coller o desvío á dereita pola estrada PO-2907 que sube ata a Igrexa de Quintela. Deixa a igrexa á dereita e na rotonda colle a primeira saída. Segues pola estrada durante uns 800 metros e atoparás o furancho do Fermín.

É un sitio moi amplo con numerosas mesas no exterior debaixo dunhas parras. Se ides en grupo dispoñen de mesas largas para un bo número de comensais. O ambiente é moi familiar e soe estar bastante cheo nas horas punta. É recomendable ir cedo.

Os viños, tanto branco coma tinto, son extraordinarios. Ricas tapas de tortilla, orella, pementos,…

Os prezos están axustados, pero xa foron máis baratos noutros tempos. Aínda así merece a pena pasarse por este furancho.

3 valoracións en Furancho Do Fermín

  1. Marga

    O trato e moi agradable , como estar en familia , as tapas son en abundancia , o lugar inmellorable , despois dun día de praia para rematalo inde o Furancho do Fermín , repetiredes iso aseguro, está todo boisimo y o viño moi bo

  2. Carlos de la Higuera

    Unha magnífica opción para ocupar unha tardiña tomando uns viños nun entorno acolledor e baixo dunha frondosa viña. Bos viños, millor o branco, e unhas tapas ben preparadas e abundantes: chourizo, tortilla, zorza, empanadillas … rematado como sempre pola tetilla con membrillo. Os prezos poderían ser un pouco máis axustados. Recomendable unha visita.

  3. Tito

    O millor furancho de Redondela sen dúbidas. Abre pouco tempo hacia finais de Maio ou principios de Xuño. Imprescindible visitar.

Engadir unha valoración

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *