Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Casanova

Por Furancheiro
(4 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño das Lamelas, 14
C.P.: 36818
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.276779, W -8.596704

Horario:

Dende abril a xuño
xoves a domingo: 19:30 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

furancho Casanova atópase en Redondela, na parroquia de Reboreda.

Trátase dun furancho moi amplo con varias estancias cubertas, unha mesa de pedra nun ceador na parte alta da casa e unha zona exterior con numerosas mesas con capacidade para moita xente. É probablemente un dos furanchos máis grandes da zona.

Non hai problema en ir en coche xa que dispón de ata tres aparcadoiros en varias fincas próximas ó furancho, con indicacións de cada un pra chegar sen complicacións.

O trato neste sitio é excelente. A pesares de estar sempre ateigado de xente o servizo é bastante rápido. Están moi atentos e non falta de nada.

Tapas de empanadas de pan de millo ou trigo, táboas de embutidos, raxo, zorza, pementos de Padrón, tortillas… todo está moi rico. Teñen variedade no viño, xa que contan con varios tipos de branco ademáis dun tinto.

Pecha as súas portas a finais do mes de xuño polo que aproveitade para ir a este furancho e non o deixedes pasar.

4 valoracións en Furancho Casanova

  1. Suso

    Unha delicia de furancho. Boas racións e bo viño que é o que se pide nun sitio así.

  2. Moncho

    Amplo e con moito sitio para aparcar. O viño déixase beber e as racións son boas e a bo prezo. Está nunha zona na que hai moita variedade de furanchos.

  3. Neni

    Gústanos moito este furancho. Repetimos cada vez que podemos.

  4. Eloy López

    Moi bó este furancho. Amplio, con mesas dentro e fora.
    Aconsello aparcar no primeiro aparcadoiro que nos de abaixo o camiño é estreito e ás veces atópaste con coches de frente e xa hai lío ;-D

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *