O furancho Moisés está en San Salvador, na parroquia de Pontellas que pertence ao concello de O Porriño. Para chegar tomamos como referencia o circuíto de karts de O Porriño en sentido a Pontellas, cando cruzamos a ponte que atravesa por enriba da AP-9 collemos o primeiro cruzamento á dereita. Subimos por esta estrada sen desviarnos e atopamos o furancho a uns 150 metros aproximadamente.
Incluímolo na categoría de furanchos aínda que non o sexa de forma estrita, xa que abre todo o ano, serven o viño embotellado e pratos de comida que non se permiten neste tipo de establecementos, pero por todo o demais poderíase considerar un furancho.
Para chegar hai que estar un pouco atentos xa que non está moi ben sinalizado, e ata na porta de entrada non ves ningunha póla de loureiro nin letreiro que che indique a entrada. Non dispón de aparcadoiro propio pero hai unha leira un pouco antes do furancho onde entran algúns coches. O resto teñen que buscarse un pouco a vida polo camiño.
Este lugar é unha parada frecuente de peregrinos, xa que se atopa a poucos metros do Camiño de Santiago portugués.
O ambiente aqui é moi familiar e cando estás sentado na túa mesa dáste conta de que prácticamente todo o mundo está falando entre sí xa que parece que todos se coñecen. O dono non é moi falador pero si servicial e amable.
Dispón de varias mesas amplas nunha zona exterior, xusto en fronte da casa e debaixo dunhas parras. É un bo sitio para ir en grupo. Xa no interior ten un comedor con dúas mesas amplas con bancos e outras un pouco máis pequenas con cadeiras. É máis espazoso do que aparenta desde fóra.
O viño aquí é de colleita propia pero embotellado. Teñen un branco moi rico que cho serven un vaso baixo e un tinto un pouco máis peleón que o serven en cunca. Para acompañar aos viños sérvenche un pincho do que teñan ese día.
A comida no furancho Moisés é unha incógnita. Cada día elaboran un palto distinto como prato principal que pode ser un arroz, carne ó caldeiro, merluza á romana, chinchos, lentellas ou o que vexan. Todos sempre moi ben cociñados e do día, o que fai que comer aquí convértase nun pracer. Adoitan ter tamén orella, zorza, pimientos de Padrón, chorizo ou empanada. Tamén teñen café e aguardientes caseros.
Andrea –
Estábamos haciendo el Camino de Santiago y fuimos porque preguntamos por la zona y nos hablaron de él. El sitio no es gran cosa pero se come muy bien y barato. La persona que nos atendió un poquito sosa.
Eloy –
O viño é “peleón” pero o sitio está súper chulo