Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho O Tarrastal

Por Carlos Rico
(2 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño do Tarrastal, 33
C.P.: 36818
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.283666, W -8.589831

Horario:

Dende final de abril a xuño
xoves a domingo: 20:00 a 00:00

Estes horarios son orientativos e poden variar

Teléfono:

Comparte este furancho:

furancho O Tarrastal atópase na parroquia redondelana de Reboreda. Chégase pola estrada PO-250 que sube dende Rendondela, collendo o cruce que pasa pola igrexa de Santa María ata a Estrada de Pazos. Os últimos metros ata a porta do furancho son por un camiño de terra un pouco máis estreito.

Dispoñen de un aparcadoiro propio de terra. Os fins de semana nas horas punta énchese moi rápido e pódese deixar o coche xunto a igrexa e camiña ata o furancho.

Viños moi ricos, dispoñen de branco albariño, rosado e tinto. Todos os viños poden pedirse por xarra ou media xarra.

De tapas serven empanadas, orella á feira ou fritida (recomendo “orella fritida”) zorza, raxo á feira, táboa de embutidos, chourizo e tortilla de pataca.

 

 

Pero sobre todo é o trato familiar dos seus donos, é o máis parecido a estar en casa dun amigo.

E non podedes perder as vistas que hai dende este lugar. Son unha fermosura.

2 valoracións en Furancho O Tarrastal

  1. Ara

    El sitio es espectacular!!!!! Maravilla la comida y la atención estupenda.

  2. Maria

    Buen producto, todo rico, y vistas espectaculares desde el jardín donde están las mesas. Muy recomendable. Trato exquisito.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *