Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Lugar da Fonte

Por Furancheiro
(3 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Revolta, 19
C.P.: 36472
Concello: Salceda de Caselas
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.091194, W -8.580708

Horario:

Dende abril a xuño
xoves a sábado: 20:00 a 00:00
domingo e festivos: 12:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

O furancho Lugar da Fonte está na parroquia de Parderrrubias que pertence ao municipio de Salceda de Caselas.

Case chegando a Salceda desde As Gándaras pola estrada PO-510 temos que saír polo desvío que indica Salceda centro – Parderrubias – Páramos – Tui. Ao coller este desvío atopámonos cun cruzamento que nos leva á esquerda cara a Salceda e á dereita cara a Páramos. Viramos á dereita e incorporámonos á estrada PO-411 durante algo máis dun quilómetro. Uns cen metros logo de pasar un taller mecánico viramos por un camiño á dereita que nos levará ata o furancho. Debemos estar atentos ás indicacións para non pasarnos este cruzamento.

O furancho non dispón de aparcadoiro propio e aínda que os camiños son algo estreitos non é complicado atopar sitio para aparcar polas zonas próximas.

Trátase dun lugar fantástico e tranquilo. Ten varias zonas onde poder sentarnos. Xusto na entrada hai unha especie de alpendre con varias mesas amplas, no xardín hai dispoñibles unas cantas mesas exteriores para os días máis asollados e tamén hai un pequeno e acolledor comedor interior.

O trato é marabilloso e sérvenche primeiro a bebida cun picho mentres vas vendo a súa carta de tapas. O viño branco é moi suave e afrutado, como adoitan ser todos os brancos desta zona, e con moi pouca acidez o que fai que sexa moi doado de beber. Sérvenche o viño por xarra ou por cunca.

De tapas teñen zorza, raxo, tortilla, empanadas variadas, orella ou chorizo ao inferno. Como especialidade da casa teñen a tosta Lugar da Fonte que consiste nunha tosta de pan de millo sobre a que colocan unha loncha de panceta e un ovo frito. Está exquisita.

3 valoracións en Furancho Lugar da Fonte

  1. Andres

    Fuimos hoy a cenar que eran fiestas de dan telmo y pasamos por allí de casualidad y la verdad que el trato perfecto como en familia y la tortilla espectacular según mi pareja y el vino tinto de uva jjjj genial repetiremos

  2. Luis

    El mejor de la comarca sin duda

  3. Martin

    Una atención exquisita la Tosta muy buena la oreja en su punto y el vino blanco suave pero sube.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *