O furancho Casa Bascoy é unha desas excepcións de furanchos que están fora da provincia de Pontevedra. Atópase en Tomonde na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla que pertence ao Concello de Vedra.
Queda a uns 15 quilómetros de Santiago de Compostela. Se ides dende Santiago debedes collela nacional N-525 en dirección a Ourense ata pasar Lestedo. Xiramos á dereita dirección ó Pazo de Santa Cruz de Rivadulla e un pouco máis adiante xa collémolo desvío cara Tomonde.
Trátase dunha casa totalmente reformada. Moi acolledora e vistosa. Con paredes de pedra, cheminea, numerosos cadros nas paredes con fotos antigas de xentes do lugar, e tamén moitas ferramentas de fai moitos anos. O sitio é realmente chamativo e acolledor.
É recomendable reservar unha mesa antes de ir, porque corres o risco de ter que esperar debido á afluencia de xente que ten este sitio.
Tapas variadas e ricas, un viño excelente da zona do Ulla e prezos razoables fan que este lugar esté ateigado de xente cada vez que abre as súas portas.
Marta –
Un furancho de nivel .E moi acolledor e un traballador excelente.parabens
Anton –
Raciones exquisitas. Trato inmejorable
Y los vinos mejores imposibles.todo perfecto y limpieza inmejorable.