O furancho do Maño atópase na parroquia de Seixo no Concello de Marín. Este furancho comenza a tempada por San Brias e abre tódolos días da semana a partires das sete da tarde.
Para chegar desde Marín, na rotonda da Escola Naval collemos a rúa Jaime Janer. Máis adiante viramos pola rúa Francisco Landin, pasamos o Centro de Saúde e subimos por Busto de Arriba ata a Avenida Alcalde José do Río. Viramos á esquerda e continuando por esta estrada a pouco máis de dous quilómetros e medio pasamos o furancho Castro que deixamos á nosa dereita e a uns 300 metros chegamos ao furancho do Maño.
Non dispón de aparcadoiro pero na propia rúa hai sitio dabondo para deixar o coche sen que obstaculice o tráfico da zona.
Para comer póñenche tapas de peixiños fritidos, zorza, raxo, calamares e tortilla. Viño branco e tinto de calidade. Co viño póñenche un pincho, que varía dependendo do día. A nós puxéronnos un ovo frito cun chourizo pequeniño e unhas patacas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.