Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Castro

Por Moisés López

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Poblado Castro, 41
C.P.: 36913
Concello: Marín
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.375511, W -8.718078

Horario:

Dende febreiro a maio
luns a domingo: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Non dispoñible

Redes Sociais:

Non dispoñibles

Comparte este furancho:

furancho Castro atópase na parroquia de Seixo no Concello de Marín. Este furancho abre a tempada polo San Brais e pecha ós tres meses, ou antes se rematan o viño da colleita.

Para chegar dende Marín, na rotonda da Escola Naval collemos a rúa Jaime Janer. Máis adiante xiramos pola rúa Francisco Landin, pasamos o Centro de Saúde e subimos por Busto de Arriba ata a Avenida Alcalde José del Río. Xiramos á esquerda e continuando por esta estrada a pouco máis de dous quilómetros e medio está o furancho Castro.

Soe ter viños branco e tinto do país bastante bos. Pra comer póñenche unha fritada variada de peixes que leva acedía, rapante e calamar. Tamén teñen chourizo caseiro, croca, raxo, zorza, tortilla de pataca e ás veces serven algo de empanada. Coma postre non pode faltar o famoso queixo de tetilla con membrillo. Neste furancho teñen tamén café de pota e chupitos se queres rematar a faena.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho Castro”

Your email address will not be published. Required fields are marked *