O furancho Casa da Cañoteira está en Vilaboa. É moi doado de localizar xa que está na propia estrada. Se collemos o desvío hacia Vilaboa dende a estrada que une Pontevedra con Redondela temos o furancho a tan só uns metros á nosa dereita dende o mesmo cruce. É a segunda casa. Se vimos dende Rande temos que pasar San Adrián e Santa Cristina de Cobres pola nacional N-554 ata chegar ó Toural que é onde está o furancho.
Nesta zona están as Salinas do Ulló que é unha visita recomendada se vas a ir a este furancho. Estas salinas forman a parte final da Ria de Vigo e ofrecen un agradable e recomendable paseo.
Este furancho dispón dunha enorme zona de aparcadoiro nunha finca cercada frente ao local, ademáis de boas opcións nas beiras da estrada.
Trátase dun sitio grande, con dous comedores e una ampla zona exterior. Dispón arredor dunhas 15 mesas amplas nos comedores cubertos mais outras 5 no exterior.
De tapas ofrecen: tortilla, orella, raxo, pincho moruno,empanada, chourizo ao inferno, táboa de embutidos e queixo con membrillo. Moi recomendable o pincho moruno.
Teñen viños branco e tinto de moi boa calidade. Especialmente o branco, con uva albariño e treixadura, é una delicia ao paladar.
Persoal amable e dilixente atendendo as mesas. En canto aos prezos, están moi ben. Tomamos empanada de bacallao, pincho moruno e orella (unha de cada), duas tazas de tinto e duas de branco. Total 16 euros.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.