O furancho Adiós Vida está na parroquia de Reboreda, no concello de Redondela. Chégase dende a estrada PO-250 que vai dende Rendodela a Pazos de Borbén, cando chegamos á altura do bar Puskas collemos o cruzamento cara á esquerda polo Camiño de Pousadouro ata o pazo e despois á dereita pola Estrada de Ventosela. Continuamos ata o Camiño do Casal de Reboreda que é onde está o furancho.
No mesmo lugar no que está o furancho teñen tamén os viñedos de onde se fai o viño de forma artesanal, sen engadir ningún tipo de conservantes nin aditivos, conseguindo un viño 100% natural e tradicional como se facía antigamente.
Ademais só empregan sulfatos ecolóxicos, porque como moi ben nos contan: “Dun bo coidado das viñas, sairá a calidade dun bo viño totalmente caseiro”.
Un dos grandes segredos do furancho é a súa bodega. Está semisoterrada nun terreo que alberga unha antiga mina que da a un pozo de auga e que lle proporciona á bodega a temperatura ideal para a conservación do viño.
Este furancho é completamente exterior e dispón de múltiples mesas no xardín con vistas aos viñedos.
As tapas que ofrecen son tradicionais e caseiras. Teñen croquetas, zorza, tortilla, táboas de embutido e queixo, chourizos ó inferno ou marmelo con tetilla. Merecen unha mención especial as empanadas de pan de millo de xoubas ou chocos pescados na ensenada de San Simón e traídos directamente do barco xa que se dedican ó sector da pesca.
Manuel otero –
Un sitio precioso, muy buena atencion por parte del personal vino y tapas de calidad y todo por un precio normal
Carlos de la Higuera –
Sorprende por lo original de sus dependencias. Abundante espacio con una zona cubierta. Muy buena atención, buenas empanadas (maíz y trigo) y un vino tinto muy aceptable. Volveré por supuesto.
Josy –
Recomendable, muy buena cocina y buen ambiente
Vanesa –
Totalmente recomendable, sitio increíble, comida y vino excelente