Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Adiós Vida

Por Poli Couñago

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño do Casal de Reboreda , 14
C.P.: 36818
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.292784, W -8.595201

Horario:

Dende mediados de marzo a xullo
venres a domingo: 20:00 a 00:00

Estes horarios son orientativos e poden variar

Teléfono:

Comparte este furancho:

furancho Adiós Vida está na parroquia de Reboreda, no concello de Redondela. Chégase dende a estrada PO-250 que vai dende Rendodela a Pazos de Borbén, cando chegamos á altura do bar Puskas collemos o cruzamento cara á esquerda polo Camiño de Pousadouro ata o pazo e despois á dereita pola Estrada de Ventosela. Continuamos ata o Camiño do Casal de Reboreda que é onde está o furancho.

No mesmo lugar no que está o furancho teñen tamén os viñedos de onde se fai o viño de forma artesanal, sen engadir ningún tipo de conservantes nin aditivos, conseguindo un viño 100% natural e tradicional como se facía antigamente.
Ademais só empregan sulfatos ecolóxicos, porque como moi ben nos contan: “Dun bo coidado das viñas, sairá a calidade dun bo viño totalmente caseiro”.

Un dos grandes segredos do furancho é a súa bodega. Está semisoterrada nun terreo que alberga unha antiga mina que da a un pozo de auga e que lle proporciona á bodega a temperatura ideal para a conservación do viño.

Este furancho é completamente exterior e dispón de múltiples mesas no xardín con vistas aos viñedos.

As tapas que ofrecen son tradicionais e caseiras. Teñen croquetas, zorza, tortilla, táboas de embutido e queixo, chourizos ó inferno ou marmelo con tetilla. Merecen unha mención especial as empanadas de pan de millo de xoubas ou chocos pescados na ensenada de San Simón e traídos directamente do barco xa que se dedican ó sector da pesca.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho Adiós Vida”

Your email address will not be published. Required fields are marked *