A Taberna De Cancela

Por Felipe Р.В.
Mesa de comedor de A Taberna de Cancela

Esta taberna está situada na parroquia de Xil (Meaño). Para os que coñezan os furanchos de Cobas, está no mesmo camiño, seguindo a dirección de Meaño (dirección sur). Se tampouco se coñecen os furanchos de Cobas, está en fronte á Capela das Angustias (as festas son en setembro, a mediados); preguntando a calquera veciño da zona por esta capela, chegas perfectamente.

Se ves por autovía (do Salnés) podes coller saída dirección Cambados, e logo na primeira rotonda, terceira saída, dirección Dena (O Grove), a altura do polígono de Meaño, xira na rotonda na terceira saída, segues o camiño uns 4 kms e xiras nun cruce á esquerda, todo recto ata chegar a capela.

Se ves pola autovía do Salnés, pero non saes dirección Cambados, e saes na seguinte, dirección Meaño (Dena), debes xirar á dereita, seguir o camiño ata chegar a un cruce a uns 3 kms e xirar á dereita, ata atopar a capela.

Non é tan difícil como parece.

Comedor principal A Cova da Santa

A Taberna de Cancela é un sitio Galeguista, ten cadros e pinturas adicadas a Castelao. Dúas estancias, a primeira que te recibe, é pequecha e debe ter como unhas cinco mesas para catro persoas e a barra á dereita. Se continúas accedes a outra estancia máis grande, cun carro colgado do teito e tamén moitos xamóns (a tapa estrela e táboa de embutidos), ten pinta de viñoteca porque ten viños de todas as variedades por todas partes. As mesas nesta estancia son máis grandes.

Consello, non vaias con presa, o servizo atende ben...pero vai despacio (ese é o encanto).

Compartir:

Comentarios sobre A Taberna de Cancela
Candido

14/01/2019 - 19:06

Lugar donde se Xunta cultura e tradición.
Noraboa


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: