Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

A Taberna De Cancela

Por Felipe P.B.
(1 valoración do usuario)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Broullón, 14 (Capela Das Angustias)
C.P.: 36968
Concello: Xil – Meaño
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.466438, W -8.781594

Horario:

luns a domingo: 12:00 a 00:00

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

Esta taberna está situada na parroquia de Xil (Meaño). Para os que coñezan os furanchos de Cobas, está no mesmo camiño, seguindo a dirección de Meaño (dirección sur). Se tampouco se coñecen os furanchos de Cobas, está en fronte á Capela das Angustias (as festas son en setembro, a mediados); preguntando a calquera veciño da zona por esta capela, chegas perfectamente.

Se ves por autovía (do Salnés) podes coller saída dirección Cambados, e logo na primeira rotonda, terceira saída, dirección Dena (O Grove), a altura do polígono de Meaño, xira na rotonda na terceira saída, segues o camiño uns 4 kms e xiras nun cruce á esquerda, todo recto ata chegar a capela.

Se ves pola autovía do Salnés, pero non saes dirección Cambados, e saes na seguinte, dirección Meaño (Dena), debes xirar á dereita, seguir o camiño ata chegar a un cruce a uns 3 kms e xirar á dereita, ata atopar a capela. Non é tan difícil como parece.

A Taberna de Cancela é un sitio Galeguista, ten cadros e pinturas adicadas a Castelao. Dúas estancias, a primeira que te recibe, é pequecha e debe ter como unhas cinco mesas para catro persoas e a barra á dereita. Se continúas accedes a outra estancia máis grande, cun carro colgado do teito e tamén moitos xamóns (a tapa estrela e táboa de embutidos), ten pinta de viñoteca porque ten viños de todas as variedades por todas partes. As mesas nesta estancia son máis grandes.

Consello, non vaias con presa, o servizo atende ben…pero vai despacio (ese é o encanto).

1 valoración en A Taberna De Cancela

  1. Candido

    Lugar donde se Xunta cultura e tradición.
    Noraboa

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *