A Fornada atópase en Lugar de Trandeiras (Xinzo de Limia), xusto á beira do Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras e a uns 3 km da torre da Pena. Hai un carreiro que comunica o Mosteiro coa Torre da Pena. Para chegar, si vés dende Ourense ou desde a A52 hai que saír da autovía con dirección Vilar de Barrio e a uns 5 minutos está Trandeiras. Non hai que meterse no pobo senón coller á esquerda e logo á dereita cara arriba, cara ó Mosteiro. Merece a pena visitalo malia estar en ruínas, a contorna é máxica.
A Fornada está dentro dunha leira, nunha contorna natural de carballos. É un sitio tranquilo, pódese un relaxar escoitando os paxaros. É ideal para grupos ou familias. Atenderanlles Ana e Zacarías, de forma acolledora para que se sintan coma na súa casa. A casa é de pedra, restaurada por eles mesmos. No interior, o restaurante é pequeno aínda que suficiente para comer varios grupos. Conta cunha cheminea para o inverno. Tamén dispón dunha pequena tenda de produtos artesanais. O exterior ten un terreo grande cunha carpa ampla para o verán onde caben máis de 40 persoas.
A comida componse de produtos locais e naturais, moendo eles a fariña para facer o pan, as pizzas e as tartas. O pan e as pizzas elabóranse no forno de leña. A horta prové de tomates en tempada, leitugas, cabaciñas e tamén para facer pisto en conserva que logo úsase como salsa para as pizzas. As galiñas tamén provén de ovos ao restaurante.
Tampouco falta a boa carne: churrasco á grellada, chuleta ou filete de tenreira “vianesa” criada en liberdade. Fan tamén as súas propias hamburguesas desta mesma carne de tenreira. Son populares tamén as patacas fritas coa salsa brava da casa ou o lacón asado no forno de leña.
En canto á sobremesa, van dende as tartas caseiras e o iogur artesanal ás filloas que se serven con azucre moreno ou mel ou tamén cunha bola do delicioso xeado artesanal da casa envolvido na filloa. Tamén se pode degustar un delicioso chocolate á cunca ecolóxico.
Destacan os viños da zona (Monterrei), pódese pedir o da casa que é máis natural e económico ou un embotellado (Setembro). Tamén se pode pedir un mencía, godello ou albariño. Non falta un bo licor café ou de herbas para dixerir a comida.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.