En Herville, pertencente ó concello de Mos atópase este sitio. Se ves dende Zamáns, chegando ó alto de San Cosme cóllese a estrada á dereita. Una vez alí, os cruces están ben indicados pra non ter dificultade en chegar ata o lugar.
Non ten problemas de aparcamento xa que hai bastantes sitios para deixalo coche. A Cova da Santa é un deses sitios que namoran a primeira vista, xa que se trata dunha antiga casa reformada na que mantiveron a esencia do rural respectando a pedra e a madeira orixinais. Tamén ten un xardín exterior cun hórreo onde se pode comer na época estival.
Xa dentro, atopamos un lugar dunha soa estancia cunha ducia de mesas e unha pequena barra para os que queiran ir soamentes a tomar un viño. Trátase dun sitio acolledor e realmente bonito. Paredes orixinais de pedra, teito alto coas antigas vigas de madeira á vista, contras nas fiestras e apeiros de labranza recordando a orixe do lugar.
Se chegas a primeira hora é un sitio tremendamente agradable e tranquilo. Pero esa tranquilidade, como na maioría dos sitios, convértese en algarada a medida que van chegando os comensais e vanse enchendo as mesas.
Temos que dicir que aquí comemos probablemente un dos millores churrascos de tódolos sitios nos que estivemos. Pedímolo mixto, con porco e tenreira, e ambos estaban de sobresaínte. Póñencho sobre unha fonte de barro nun braseiro para que se manteña quente e poidas darlle o punto que máis che guste á carne. Se teñen sempre este nivel de carnes xa hai un bo motivo para achegarse a este lugar.
Quizais, como bos furancheiros que somos, faltounos un viño da casa. A súa carta de viños creemos que é mellorable. Como contrapartida, se pides un chupito póñenche unha botelliña pra que sirvas o que che pete. Xa nos coñecemos e sabemos que cos chupitos sempre acabamos repetindo.
Pra nós A Cova da Santa é un sitio pra recomendar.

















Vanesa –
No es un furancho . es un restaurante rural.
Los precios cambiaron y subieron muchisimo mas de lo que aqui informan. Deberian actualizar los comentarios y fotos en la web. Igual de precios que otro restaurante . parrillada cerdo y ternera 25 euros, calamares 12, pan 1’85, refrescos 2,20€ , postres a 4,5€….