Casa Cochón está situada en Barragáns, na pontevedresa parroquia de Campañó.
Chégase dende Vigo collendo a saída 129 da AP-9 sentido Pontevedra Norte e despois a estrada C-531 en sentido Vilagarcía durante algo máis de dous quilómetros.
Bo sitio para degustar unhas ricas tapas a prezos moi populares, servidas amablemente por María. As especialidades son a empanada de millo, tortillas, chipiróns encebolados, raxo con patacas e os ricos postres caseiros. Aínda que eu recomendo tamén os peixiños fritos (en fin de semana) e os lomiños con pementos e patacas. Agora teñen como novidade a tapa de cecina con queixo de cabra que está deliciosa tamén.
Entre a carta de viños, poderedes elexir entre unha ampla variedade, destacando o país tinto e Mencía. Ten aparcamento xusto diante para varios coches.
A zona é moi tranquila para desfrutar no verán da terraza, e no inverno de cear ó carón da chimenea.
Tino –
Comida casera producto muy bueno, de lo que hay por ahí adelante , esto es calidad y en el resto hay mucho pienso de engorde, que también es respetable para el que le guste