Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Casa Arenca das Maruxainas

Por Eloy López
(2 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Barrio Iglesia, 10
C.P.: 36410
Concello: O Porriño
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.157219, W -8.646518

Horario:

martes, mércores e domingo: 13:00 a 15:30
xoves a sábado: 13:00 a 15:30 e 20:00 a 23:30

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

Casa Arenca das Maruxainas está situada na parroquia de Torneiros que pertence ó concello do Porriño.

Chégase dende O Porriño pola estrada nacional PO-331 que une esta localidade con Gondomar. Dende a rotonda onde empeza esta estrada, a un quilómetro aproximadamente, pouco despois de pasar o Colexio Santo Tomás, viramos á esquerda en dirección á parroquia de Torneiros. Dende este cruzamento seguimos a estrada sen desviarnos ata chegar á Igrexa. En fronte da igrexa xa debemos deixar o noso coche no aparcadoiro que hai e o noso destino está ó cruzar a estrada. O aparcadoiro é amplo polo que non adoita haber problema para aparcar.

Casa Arenca das Maruxainas trátase dunha sitio cun ambiente interior de tipo rústico moi coidado e unha ampla zona exterior en sombra, ideal para os días calurosos e de bo tempo.

No seu interior ten varios comedores na adega da casa ou na parte de arriba que son tremendamente acolledores. Na terraza do xardín dispón de numerosas mesas, algunhas delas baixo unha carpa e todas elas resgardadas do sol.

Ao mediodía ofrece menú que consta de tres primeiros e tres segundos nos que sempre tentan ter un prato vexetariano, un de peixe e un de carne. O menú da semana é un pouco máis económico que o que ofrecen a fin de semana. Este menú inclúe a sobremesa e a bebida.

En breve tamén abrirán pola noite no servizo de ceas ofrecendo, neste caso, unha carta de tapas variadas. Trocan a súa carta cada pouco tempo para ofrecer produtos de tempada e segundo nos contaron tentan abastecerse con produtos da zona. Isto é un plus de sabor e calidade nos seus pratos.

2 valoracións en Casa Arenca das Maruxainas

  1. Eloy López

    No inverno teñen unha carpa con calefación para comer fora na que se está moi a gusto.
    Ofrecéronnos de primeriro: sopa castellana, Tosta de atún e pemento do picillo ou Pincho moruno.
    De segundo: Entrecot, cachopo de merluza ou Coca vexetal
    Postre e bebida

    O sitio moi tranquilo e gradable, e a comida moi rica.

  2. Eloy

    Para comer fora, baixo a sombra das árbores, nun día de sol é espectacular.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *