Furancho da Balsa

Por Furancheiro
Raxo Furancho da Balsa

O furancho da Balsa atópase na parroquia de Matamá, pertencente ó Concello de Vigo, a cinco minutos do centro da cidade. Pouco despois de pasar a Praza de San Mauro pola rúa Leonardo Alonso, collemos un cruce á esquerda que nos leva pola Estrada da Balsa ata o furancho.

Se baixas pola Autovía VG-20 debes collela saída 5-Matamá e nas dúas rotondas que atoparás despois debes seguir sempre en dirección Matamá. A pouco máis de 100 metros dende a segunda rotonda xa está o furancho á dereita.

Trátase dun furancho moi amplo, con numerosas mesas e sitio de dabondo. É moi acolledor, sobre todo para os celtistas, que poden atopar neste lugar unha auténtica homenaxe ó equipo vigués con toda clase de obxectos colgados polas paredes e teito. Os fins de semana teñen actuacións en directo de grupos de folclore galego.

Teñen viño branco e tinto que fan que mereza a pena o desprazamento. Nas tapas que serven xa hai luces e sombras. Chourizo fritido caseiro rico, racións de orella abundantes, tortilla de pataca mellorable, pero as croquetas son de bolsa e conxeladas. Nós pensamos que é mellor non servir croquetas á poñer unhas de bolsa que ben pouco valen. Teñen tamén zorza, xamón asado ou tetilla con membrillo. Os prezos son razoables.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho da Balsa
Merchi

12/03/2020 - 10:52

Es verdad que el sitio es muy pintoresco, pero la comida deja mucho que desear.


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: