Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho A Cunca do Viño

Por Furancheiro
(1 valoración do usuario)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Carretera nacional N-552, 7
C.P.: 36812
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.282378, W -8.621991

Horario:

Dende maio a xuño
xoves a domingo: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

furancho A Cunca do Viño atópase no concello de Redondela, na parroquia de Cedeira.

Probablemente é un dos furanchos máis sinxelos de atopar, xa que está na mesma carretera N-552 que une Rande con Redondela. Vindo dirección Redondela, está a uns 200 metros antes de chegar á rotonda do Mercadona. Non ten perda.

Éste furancho ten varios comedores no seu interior con bastantes mesas amplas. Os días que acompaña o tempo, poñen fora unhas mesiñas máis xa que dispoñen dunha boa terraza fronte a casa.

Tapas boas de pementos de Padrón, empanada de pan de millo de choco ou empanadillas (carne e atún), raxo, tortilla,… Viño rico, tanto branco coma tinto.

Está atendido por xente xoven moi amable. Recomendamos facer unha paradiña neste furancho de cando en vez.

1 valoración en Furancho A Cunca do Viño

  1. Daniel salvaje

    Sabado estamos ahí

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *