O furancho Vincios está no concello de Gondomar. Algúns coñéceno como o furancho de Nita polo nome da súa propietaria e cociñeira.
Chégase dende a estrada que une Gondomar con Vincios, collendo a saída na rotonda que vai dirección a Chain – Morgadans. Por esta estrada, ó pasar o antigo restaurante Casa Florita, a uns 20 metros á dereita está o aparcadoiro. Xusto en fronte, alén da estrada, atópase o furancho.
O aparcadoiro é amplo e non hai problema de aparcamiento.
Á fronte deste furancho están Nita e Constante. Un matrimonio que segue atendendo con agarimo e dedicación cada ano este furancho. Ela na cociña e o seu marido servindo o viño fan que a estancia dos comensais sexa familiar e distendida.
Non é un furancho que teña moito espazo exterior, pero aínda así dispón de varias mesiñas na parte de fóra. Dentro ten dúas zonas con mesas amplas. Unha máis pequena nunha zona de carpa e a máis ampla no comedor interior.
Os sábados pola mañá abren soamente ata as 14:00 horas sen cociña e para acompañar ao viño Nita ofréceche algúns pinchos que poden ser algo de chourizo fritido, raxo ou un pouco de tortilla. Xa pola tarde, ou os domingos e festivos durante todo o día, teñen a cociña operativa e serven tapas de zorza, raxo, empanada, chorizo, orella e tortilla.
O viño branco é unha marabilla e o tinto tampouco se queda atrás.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.