O furancho Pedrapinta atópase en Mos. Para chegar farémolo dende a estrada nacional que une Porriño con Redondela. En sentido Redondela, uns 400 metros logo de pasar a rotonda que hai á altura do polígono industrial da Veigadaña, collemos o camiño que hai á dereita. Pasamos por un pequeno túnel que pasa por baixo das vías do tren e subimos polo Camiño da Pedrapinta. A primeira casa que nos atopamos á esquerda é o furancho. A entrada está baixando unha pequena costa.
Non dispón de aparcadoiro propio xa que soamente entran un par de coches dentro da leira, polo que hai que buscar sitio para aparcar no camiño. Iso si, non é difícil atopalo.
O furancho non é moi amplo pero dispón de numerosas mesas. Ten unhas poucas nunha zona exterior e cando o tempo non acompaña resgárdanas cunhas lonas. Dentro o espazo está moi ben aproveitado.
Non é habitual nos furanchos pero este ten un televisor no comedor principal e podes estar tomando un viño e unhas tapas mentres ves o partido de fútbol.
Viños branco país e tinto ricos e tapas de zorza, raxo, tortilla, costelas, orella, croquetas ou empanadillas. As racións son abundantes e a bo prezo.
Este furancho non abre nunca ó mediodía pero sí pola tarde de luns a domingo sen descanso.
A súa proximidade a Porriño faino un lugar de referencia para os que viven por esta zona.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.