O furancho Palmera está situado en Miñán, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro que pertence ao Concello de Marín.
Chégase dende Marín pola estrada PO-313 que vai hacia Moaña, á altura de Miñan hai que estar atentos e collelo desvío á dereita que baixa cara o furancho. O camiño é estreito pero está ben indicado. Dentro do furancho hai sitio para aparcalo coche.
Trátase dun furancho cunhas marabillosas vistas que se desfrutan ao carón do seu fermoso hórreo, onde compartir unha boa mesa ao solpor nas tardes de bo tempo acompañado de amigos ou familia.
Teñen viño branco albariño e país de moi boa calidade e un tinto suave e agradable ao padal. De comida é case obrigatorio probar a zorza ou os chourizos feitos por eles e 100% caseiros, son unha delicia. Tamén teñen tortilla, pementos, pincho moruno, calamares, empanadas de millo que van variando e soen ser de berberechos, bacallao, xoubas ou zamburiñas. Ás veces poñen algo de churrasco ou ballao á brasa.
Neste furancho recíbenche coma se estiveras na casa e sempre é de agradecer. Totalmente recomendable.












Belen –
Totalmente decepcionante . De todos los furanchos a los que he ido este fue el peor con diferencia.Nuestra experiencia fue pésima.
Pedimos zorza y nos trajo pincho de zorza y estaba saladisima se lo dijimos que nos lo cambiara y pedimos pimientos de Padron con patatas .
A la hora de pagar nos dijo que mejor que no volviéramos por habernos quejado. A esto hay que añadir que nos atendió el dueño sin mascarilla en todo momento algo muy grave en los tiempos que corren y un auténtico maleducado