Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Carmucha

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Rúa San Bieito, 26
C.P.: 36380
Concello: Gondomar
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.110320, W -8.757921

Horario:

Dende abril a xuño
xoves a domingo: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Non dispoñible

Redes Sociais:

Non dispoñibles

Comparte este furancho:

furancho Carmucha está en Gondomar, moi preto do centro do pobo. Chégase directo pola rúa da panadería Cristaleiro en sentido a Couso, cando chegamos á rotonda collemos a saída en dirección Couso/Peitierios. A uns 100 metros da rotonda xa temos o furancho.

Dispón dun enorme aparcadoiro nunha finca situada uns metros, con capacidade para bastantes coches.

Trátase dun furancho pequeno, que nas horas punta está ateigado e é algo máis complicado conseguir unha mesa libre. O trato é marabilloso, pero o servicio vólvese un pouco lento neses intres de moito traballo.

Os viños, tanto o branco coma o tinto de moi boa calidade. De tapas teñen tortilla, táboas de embutidos, croquetas, zorza, chourizos ó inferno, empanada, pementos de Padrón, raxo e algunha cousiña máis soen servir. Todo isto a un bo prezo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho Carmucha”

Your email address will not be published. Required fields are marked *