O Furancho As Cuncas está en O Rañadoiro na parroquia de Ponte Sampaio que pertence ao concello de Pontevedra.
Chégase a él pasando a Ponte medieval de Ponte Sampaio pola nacional PO-264 e collendo o desvío en dirección a O Rañadoiro. Dende este cruce ata o furancho hai unha subida de algo máis dun quilómetro que está moi ben indicado e non ten perda. O furancho non ten moito aparcadoiro dentro da finca, polo que é aconsellable que busquedes sitio no camiño.
Trátase dun lugar moi agradable e pintoresco. Ten algunhas mesas fóra ó carón dun hórreo e moi preto dunha horta e un galiñeiro. Ten mesas á sombra e é perfecto para ir en grupos pequenos. Xa dentro ten varias estancias, a principal no garaxe con amplas mesas para grupos numerosos e outra no interior da casa con mesas máis pequenas.
Ten viño branco de uva Albariño e tinto de uvas Caíño, Mencía, Tempranillo, Femia Redonda, Sousón e Garnacha. Son viños de gran calidade, moi redondos e fáciles de beber. De comer teñen zorza, tortilla de pataca, raxo, pementos de Padrón, orella, táboas de embutidos, ovos fritidos con patacas e chourizo,… O chourizo nótase que é caseiro porque está espectacular. Non deixedes tampouco de probar os seus licores caseiros feitos con augardente. Teñen unha gran variedade e ides querer probalos todos.
A este excelente viño e comida hai que sumarlle unha atención marabillosa por parte do dono. Aínda que quede un pouco a desmán recomendamos visitar este furancho. Repetiredes!
Reseñas
Aínda non hai valoracións.