A tapería rural A Peneira está á beira da “Ruta da Pedra e da Auga” na parroquia de Armenteira que pertence ao Concello de Meis. Saíndo da Autovía do Salnés cara ó Mosteiro de Armenteira, a 700 metros dende a saída.
O sitio é acolledor e cun ambiente moi tranquilo. Dende familias, parellas ou amigos, todos atopan aquí un bo lugar para desfrutar da súa excelente cociña.
Teñen unha carta non moi extensa pero con produtos da terra e cociña caseira. Os pratos son xenerosos e cun prezo razoable. O detalle curioso é que che traen a conta nunha típica zoca galega de madeira.
O local ten aproximadamente unha capacidade para uns 50 comensais, pero co bo tempo dispoñen dunha ampla terraza exterior con numerosas mesas. É recomendable reservar antes. Pódense facer reservas no teléfono 605 953 915.
Se andas pola zona é unha boa opción para comer abundante, rico e a bo prezo.
Mary Carmen Pérez Alba –
Excelente ambiente, comida exquisita y postres inigualables, los sabores no dejan indiferente a nadie, y la atención insuperable. Un lugar para repetir !!