Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho A de Marga

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camino do Pedro Morto, 51
C.P.: 36815
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.242594, W -8.631704

Horario:

Dende marzo a xuño
xoves a domingo: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

O furancho A de Marga aínda que puidese parecer que pertence a Vigo pola súa proximidade ao Carballal non é así xa que está na parroquia de Vilar de Infesta que pertence ó concello de Redondela.

Dende Vigo chégase pola Avenida do Aeroporto. Pouco antes de chegar á gasoliñeira do Carballal viramos á esquerda polo camiño que sube ata o campo de fútbol de Carballal. Pasando éste viramos á dereita polo Camiño Chan da Cova. Ó chegar ao desguace viramos novamente á dereita e baixamos polo Camiño do Pedro Morto ata o furancho.

Vindo dende Redondela pola estrada nacional N-555 que vai cara a Peinador tamén é sinxelo chegar. Antes da primeira rotonda do polígono industrial hai un cruzamento á dereita, onde está a cafetería Terra Nosa, onde subimos ata o Camiño do Pedro Morto polo cal chegamos ó furancho.
Este furancho non ten aparcadoiro propio pero non hai problema en atopar sitio para aparcar pola zona. Ao tratarse dun camiño con pouco tráfico pódese deixar o coche arrimado nunha beira sen entorpecer a circulación.

Este furancho é sorprendentemente grande. Dispón dun comedor interior con numerosas e amplas mesas. Xusto en fronte está unha das terrazas que teñen. Está cuberta cunha enorme carpa polo que si chove non hai problema en poder desfrutar tamén desta zona exterior. Xa na parte posterior da leira, nunha zona algo máis elevada, están varias zonas de mesas. Neste caso non están cubertas nin protexidas do sol ou a choiva.

Teñen viño branco e tinto de calidade. Sérvenchos por cunca ou en xarra. De tapas teñen bastante variedade. Pementos de Padrón, tortilla, raxo, empanadas variadas, churrasco, chourizo caseiro e de Verín ou pescaditos fritos (xouba e chinchos). Ben de prezos e rápidos e atentos no servizo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho A de Marga”

Your email address will not be published. Required fields are marked *