O Xuguiño

Por Furancheiro
Indicación O Xuguiño

A forma máis rápida e doada de chegar a O Xuguiño é pola estrada N-550 que une O Porriño con Redondela. En sentido Redondela collemos o cruce ata A Zapateira que hai á esquerda antes de chegar ás Regadas. Unha vez neste camiño, pasando unha pequena ponte sobre un regato, temos o sitio a uns 200 metros aproximadamente.

Non deixedes o coche na estrada xa que dispón dun aparcadoiro dentro do sitio.

Ó carón da porta ten unha terraza con bastantes mesas pra comer. As mesas da terraza son grandes e a tranquilidade do sitio invita a comer fora cando o noso marabilloso tempo acompaña.

Cunca de viño O Xuguiño

Dentro, atopámonos cun sitio que conxuga unha decoración de tempos anteriores cos novos tempos. Unha cheminea de leña, unha máquina de escribir e ata un antigo muíño pra moelo millo ó carón de modernos cañizos de bambú e una estatuíña dun Buda.

O trato é moi atento e amable. Ofrécenche pratos do día que non están na carta. A carta está composta por tapas, revoltos, rissois, ensaladas e é ben variada. Os pratos principais son por encargo (churrasco, callos, cocido, lacón con grelos, etc...) polo que si queredes comer algún deles mellor que chamedes antes pra encargalos porque senón non os poderedes pedir.

Barra de O Xuguiño

A comida está boa e as tapas son abundantes. Teñen unha carta de viños pequena pero o recomendable é o viño da casa. Pra os bos furancheiros é totalmente recomendable. Sérvencho nunha pequena xerra de dúas cuncas (que o final son algo máis de dúas) e póñenche as cuncas de cando eran furancho co lema de "Polo bo camiño chegas o Furancho O Xuguiño".

O prezo está ben e de seguro que repetiremos algunha outra vez neste sitio.

Compartir:

Comentarios sobre O Xuguiño
Sé o primeiro en comentar algo deste recuncho
Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: