Furancho O Tarrastal

Por Carlos Rico
Furancho O Tarrastal

O furancho O Tarrastal atópase na parroquia redondelana de Reboreda. Chégase pola estrada PO-250 que sube dende Rendondela, collendo o cruce que pasa pola igrexa de Santa María ata a Estrada de Pazos. Os últimos metros ata a porta do furancho son por un camiño de terra un pouco máis estreito.

Viño moi rico, tanto branco coma tinto e produto espectacular: a comida é unha tolemia (recomendo "orella fritida", raxo á feira e as empanadas).

Pero sobre todo é o trato familiar dos seus donos, é o máis parecido a estar en casa dun amigo.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho O Tarrastal
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: