Furancho León

Por Furancheiro
Furancho León

O furancho León atópase no concello de Mos, na parroquia de Dornelas.

Chégase collendo a estrada que leva dende o aeroporto de Vigo ata Puxeiros. Pouco despois de deixalo aeroporto, na primeira rotonda onde se pode coller a estrada dos Valos, collemos a seguinte saída á esquerda pola rúa San Xoán. Baixamos por esa estrada ata pasala Igrexa. Un pouco máis adiante atópase o furancho León.

Trátase dun furancho que cada ano vai collendo máis sona e o millor é ir cedo para conseguir sitio.

É un lugar curioso polo ben aproveitado que ten o espazo e porque ten o teito cheo de gorras de todolas cores e estilos. Máis dunha cabeza debeu coller unha boa insolación por deixala súa viseira no León.

Moi bo viño branco e tinto pero a súa especialidade son as empanadillas. Hai que bulir porque soen rematarse as primeiras. Teñen de choco, carne, bacallao,… e son o reclamo deste sitio. Ademáis das empanadillas tamén teñen empandas moi ricas, xamón asado, pementos de Padrón, tortilla, zorza e de postre algo tan galego como é o queixo con membrillo. O café ou o chupito vas ter que tomalo noutro furancho xa que neste non serven.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho León
Jacinto

17/05/2019 - 22:45

Para mi el mejor furancho que hay desde hace veinte años las empanadillas que hacían de congrio eran de estrella michelin


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: