Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Zapateira

Por Raquel Bouzón

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño da Zapateira, 36
C.P.: 36415
Concello: Mos
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.214015, W -8.605264

Horario:

Dende abril a xuño
xoves a domingo: 19:30 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

O furancho Zapateira é un lugar familiar e acolledor situado no concello de Mos. Para chegar a este furancho podemos facelo dende o alto de Puxeiros, baixando pola estrada de Puxeiros-Mos ata a rotonda de Baloutas. Nesa rotonda viramos á esquerda pola estrada Alto de Barreiros-Santiaguiño. Seguimos por esta estrada durante un quilómetro e medio aproximadamente e atoparemos un cruzamento á nosa dereita que nos leva ao Camiño da Zapateira que é onde está o furancho.

Tamén podemos chegar dende a rotonda de Peinador pola estrada de Peinador-Os Valos. Ao chegar á rotonda da Capela de Santiaguiño, un pouco antes de Bimba e Lola, viramos á dereita pola estrada de Barreiros-Santiaguiño. Hai que continuar recto uns dous quilómetros aproximadamente por esta estrada ata o cruzamento que enlaza á esquerda co Camiño da Zapateira.

Neste furancho non hai problema de aparcamiento xa que dispoñen dun amplo aparcadoiro con capacidade para bastantes coches.

Trátase dun furancho con mesas amplas nunha zona interior, pero tamén dispón delas no exterior cunha zona de mesas cubertas e outras ao aire libre.

 

Serven un bo viño branco e tinto de colleita casera e en cuestión de tapas adoitan ter tortilla, zorza, raxo, pimientos de padrón, etc.

Admiten reservas no teléfono 663604143 (no apartado de información de interese podes ver o número e simplemente pulsando sobre él realizará a chamada automáticamente dende o teu teléfono).

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho Zapateira”

Your email address will not be published. Required fields are marked *