Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Santa Sede

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño da Moreira, 3
C.P.: 36320
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.262354, W -8.672540

Horario:

Dende abril a xuño
mércores a sábado: 19:00 a 23:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Non dispoñibles

Comparte este furancho:

O furancho Santa Sede está en Chapela no concello de Redondela. Popularmente é máis coñecido como furancho Videira polo apelido do seu dono Jose Luis Videira. Chégase desde Vigo pola Avenida de Redondela, pasando o cemiterio de Teis e logo de pasar por baixo da ponte da autopista AP-9 temos un cruzamento á esquerda cara ao Camiño Pasán. Seguimos por este camiño ata o Camiño da Moreira e alí está o furancho. Está ben indicado na estrada e é moi doado chegar.

Non ten aparcadoiro propio e a primeira hora non hai problema de aparcamento nunha zona que hai un pouco máis arriba do furancho. En horas punta xa é un pouco máis complicado aparcar.

Se ides en grupo é aconsellable reservar mesa antes, porque aínda que dispón de numerosas mesas están prácticamente reservadas case todas elas. Este furancho é unha marabilla. Ten un comedor nunha galería cunhas vistas impresionantes da Ria de Vigo, a ponte de Rande e as Illas Cíes. Estar sentado nunha mesa con esas vistas xa fai que mereza a pena ir.

Teñen un moi bo viño branco e un excelente tinto tamén. De tapas serven empanadas variadas de pan de trigo e de zamburiñas con mestura de pan de trigo e millo que está boísima. Teñen tamén tortilla, raxo, zorza, orella ou pementos de Padrón.
O servizo é rápido e moi atento e os prezos baratos. Pola proximidade á cidade de Vigo este furancho é unha magnífica opción para escapar da cidade e mergullarse nun furancho a gozar do bo comer e do bo beber.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho Santa Sede”

Your email address will not be published. Required fields are marked *