O Furancho Pouca Cousa atópase en Marín e pódese chegar a través da estrada nacional PO-551 que se atopa despois da Escola Naval en dirección a Bueu. Débese seguir por esta estrada pasando pola praia de Mogor e a de Aguete. Despois de pasar esta última, é importante prestar atención á póla de loureiro e ó cartel que indica o cruce á dereita polo que debemos desviarnos.
Este furancho non dispón de aparcadoiro e o camiño de acceso, unha vez que se deixa a estrada nacional, é bastante estreito, polo que se recomenda aparcar na propia estrada. Desde o cruce, hai que camiñar uns 400 metros ata chegar ó furancho.
Trátase dunha casa grande de pedra cunha ampla finca. Ten mesas ó sol e outras con sombra, ademáis dunha zona interior con bastantes mesas para cando o tempo non acompaña.
As tapas que ofrecen son: empanada de polbo ou de mexillóns, tortilla grande ou pequena, zorza, raxo e chourizo. En canto ós viños, probamos o branco e o tinto e ambos estaban ben, bastante suaves e fáciles de beber. Os viños servénse acompañados dun petisco, para agardar mentres non che traen a comida. A nós puxéronnos unhas lentellas riquísimas. Das tapas, comemos a tortilla e o chourizo. A tortilla era normal, pero o chourizo estaba riquísimo.
En canto aos prezos, son un pouco elevados para ser un furancho, pero ben merece a pena pagalo porque o lugar é precioso. Desde logo, quédaste con ganas de repetir.
Rebeca –
Furancho con un precioso jardín, muy tranquilo y agradable. Para repetir.
Kaki –
Sitio estupendo. Ten unha zona exterior magnífica. O viño está bo e de tapas ricas. Unha boa opción preto de Marín.