O furancho Os Eidos está na parroquia de Vilaza que pertence ao concello de Gondomar.
Para chegar a este furancho debemos subir dende Gondomar pola estrada de Vincios. Na rotonda de Vilaza collemos a saída á esquerda en sentido Nigrán. Logo de 500 metros debemos coller o camiño á dereita que xa nos leva ata o furancho. Está moi ben indicado nos cruzamentos e aínda que está un pouco escondido é moi sinxelo chegar sen perderse.
Debedes entrar co coche á leira porque aínda que pareza un pouco estreita, ó fondo dispoñen dun amplísimo aparcadoiro para numerosos coches.
Este furancho ten moito espazo exterior con numerosas e amplas mesas debaixo dunhas parras. A contorna é tranquila e acolledora e pódese gozar da estancia acompañados dos relinchos dos cabalos das leiras próximas e do croar das ras dun pequeno estanque á beira do aparcadoiro.
O interior ten varias estancias que non son especialmente espazosas, pero nas que si hai mesas amplas para bastantes comensais. Esta parte interior é moi acolledora coas súas paredes de pedra e os seus teitos con grandes vigas de madeira.
Viño branco e tinto de moi boa calidade e gran variedade de tapas para acompañalos. Empanada, croquetas, bacallao fritido, raxo, pementos, orella, morro, tortilla, zorza. Ata de sobremesa ofrécenche tamén algo de tarta de queixo, flan ou o imprescindible queixo con marmelo.
Por prezo, calidade e contorna fai que valla a pena achegarse por este furancho.
Camos –
Terraza agradable y también con espacio en el interior por si llueve, la comida bien y el vino tinto se deja beber, aunque un poco lentos en el servicio.