Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho de Jorge

Por Moisés López

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Lugar Acuña, 1
C.P.: 36141
Concello: Vilaboa
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.353822, W -8.639460

Horario:

Dende xaneiro a principios de abril
luns a domingo: 18:30 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño ou ás restriccións polo Covid

Teléfono:

Non dispoñible

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

furancho de Jorge está situado en Vilaboa. Trátase dun furancho moi doado de localizar e bastante cómodo polo seu amplo aparcadoiro.

Chegar a este furancho é moi sinxelo. Se ves pola estrada dende a Ponte de Rande, debes seguir a nacional N-554 e atravesar as parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres ata Vilaboa. Xusto despois de deixar o Centro de Conservación de Carreteras collemos un desvío a man dereita que nos leva directamente ó furancho.

Se, polo contrario, ves dende Redondela ou Pontevedra pola estrada N-550 debes collelo desvío hacia Moaña/Cangas por Vilaboa. Ó pasalo ceminterio temos que collelo primeiro desvío á esquerda. Non ten perda.

Ten un aparcadoiro dentro da finca para algúns coches, pero xusto ó carón da casa hai outro moito máis amplo, polo que é moi doado aparcar neste furancho.

Viño branco e tinto do país e de tapas serven tortilla, empanadas de pan de millo e trigo, empanadillas, raxo, pincho moruno, callos ou tetilla con membrillo entre outras.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho de Jorge”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *