Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Berdomas

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño do viñal, 3
C.P.: 36814
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.260390, W -8.616328

Horario:

Dende abril a xuño
todos os días: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

O furancho Berdomas está Redondela e máis concretamente na parroquia de Negros.

Chégase dende Redondela pola estrada N-555 que vai ao aeroporto de Vigo. En canto empezamos a subir a Santo Estebo de Negros debemos estar atentos ás indicacións, porque o furancho está nun camiño á esquerda que está xusto nunha curva e non é complicado pasarse de longo. Hai que dicir que está moi ben sinalizado na estrada e vese perfectamente se imos atentos.

Aínda que o camiño de acceso pareza pequeno e estreito non hai problema en baixar co coche xa que este furancho dispón de amplo aparcadoiro.

Do Berdomas hai que dicir que é un dos furanchos polos que máis se pregunta a súa data de apertura e iso xa di moito do sitio. Trátase dun lugar con moitísimo espazo exterior en varias zonas, tanto ao sol como á sombra e todas elas con amplísimas mesas. Para a xente que vai con nenos pode ser unha moi boa opción.

Os seus viños son de baixa acidez, tanto o branco como o tinto, e moi fáciles de beber. Para acompañar ó viño teñen tapas de zorza, tortilla, raxo, orella, morro, pementos ou unha riquísima costela fritida. Non pode faltar tampouco a tetilla con marmelo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho Berdomas”

O teu enderezo electrónico non se publicará