Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Alto da Aldea

Por Furancheiro
(2 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Rua Soutelo, 30A
C.P.: 36750
Concello: Tomiño
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 41.956625, W -8.781923

Horario:

Dende maio a xullo
luns a venres: 19:00 a 23:00
sábado e domingo: 12:00 a 23:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

O furancho Alto da Aldea está en Soutelo na parroquia de Goián que pertence ao concello de Tomiño.

Non é moi sinxelo chegar e aconsellámosche que si dispós de GPS te guíes pola dirección que indicamos nos datos deste furancho que che levará ata a mesma porta. Si non dispós de GPS toma como referencia o cruzamento que hai ao pasar a alameda de Goián en sentido A Guarda pola avenida de Brasil, ao chegar ó semáforo vira á dereita pola avenida Ordóñez. Na Praza da Preta collemos á dereita seguindo as indicacións de Difersa. Seguimos todo recto, pasamos por baixo da via rápida de O Rosal/A Guarda e atoparémosnos cun primeiro cruzamento á esquerda que pasaremos de longo. Pouco despois haberá outro que colleremos á esquerda. Uns metros máis adiante chegamos ao furancho.

Dispoñen dun amplo aparcadoiro nunha leira á beira do furancho polo que non hai problema para aparcar o coche.

Trátase dun furancho moi tranquilo e acolledor. Ten numerosas mesas exteriores, amplas e cómodas. O sitio é moi pintoresco e está cheo de mazorcas de millo no teito. Tamén polas súas paredes hai colgadas nasas, peneiras ou ferramentas de labranza. Tamén teñen un precioso hórreo. Chaman a atención as súas lámpadas feitas con tarteIras e tixolas.

Os viños que serven son de gran calidade. Branco albariño, que nesta zona nunca defrauda, e tamén teñen tinto e rosado. Sérveno en xarras de medio litro para dúas persoas aproximadamente ou de litro para catro.

A comida deste lugar é un dos seus fortes xa que moitos dos produtos son elaborados por eles mesmos, como é o caso dos embutidos. Prepáranche unhas exquisitas táboas que adoitan levar chorizo, salchichón, cabeza de porco ou lombo. Tamén teñen empanada ou empanadillas que varían cada día, tortilla ou zorza. A especialidade da casa é a costela frita que tamén chaman ósos de xoán.

Non sería raro que nalgunha noite de fin de semana atopedes algunha mesa con gaitas e pandeiretas amenizando a estancia a golpe de muiñeira.

2 valoracións en Furancho Alto da Aldea

  1. Eligio Domarco

    Muy buen sitio. Recomendable totalmente. Atención de primera y productos de calidad.

  2. Andrés

    Un sitio maravilloso donde se come de escándalo. El vino blanco es de lo mejor que he bebido en tiempo.

Engadir unha valoración

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *