O furancho A de Pepe atópase en Poio. É moi doado de chegar xa que está na propia estrada que vai dende Poio a Combarro. Tomando coma referencia o Hotel Combarro está a pouco máis de 100 metros pola avenida Pinela en sentido Sanxenxo.
Non ten aparcodoiro propio, pero non é moi complicado atopar sitio na propia estrada. Soen abrir a tempada tódolos anos a primeiros de maio e están ata xullo se non remata antes o viño.
Trátase dun furancho pequeno pero ben aproveitado. A maioría das mesas son exteriores. Xusto entrando á esquerda hai unha mesa redonda en pedra na que poden sentar unhas seis persoas, e hai un par de mesiñas máis. Tamén no lateral hai un par de mesas pequenas e outra máis grande para outras seis persoas.
O viño branco é de moi boa calidade e non dura moito na cunca. O tinto xa é outro cantar, e hai que ter un paladar un pouco menos esixente. Para acompañalo viño póñenche unha tapiña de alcrique en conserva con un pouco de pan.
De tapas serven tortilla, raxo ou zorza con patacas, chourizo asado, tetilla con xamón ou ovos fritidos con patacas. Tamén teñen empanadillas de carne ou bacallao. Se eres un namorado das empanadillas caseiras “da avoa” tes que probar as empanadillas que fan neste furancho, son un absoluto escándalo de ricas. Tamén podedes mercar pementos de Padrón.
Ben de prezos e mellor de trato. Atenden e serven moi rápido e aínda tiveron tempo para pararse a falar un pouco con nós sobre a tempada de furanchos deste ano.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.