A Calustra atópase na parroquia de San Xurxo, no concello de Salceda de Caselas. Case chegando a Salceda dende As Gándaras pola estrada PO-510 temos que saír polo desvío a Parderrubias/San Xurxo/Picoña. Pouco máis adiante xa collemos dirección a San Xurxo que nos levará directos á Calustra. Aínda que queda un pouco apartado merece a pena acercarse a este sitio.
É moi doado aparcar, xa que dispón dun amplo aparcadoiro e tamén hai sitio no propio camiño onde se pode deixar o coche.
De primeira vista atopámonos cunha gran casa de pedra moi coidada, rodeada por unha zona axardinada con un ceador na parte posterior, unha terraza cuberta nun dos laterais, e un patio interior con mesas na entrada principal.
No interior atopámonos cun fermoso e acolledor lugar. Con moitas estancias que conforman os numerosos comedores dos que dispón. Para unha mesa, para varias, nun alto ó carón dunha balconada, no baixo ó carón dunha cheminea, con un gran ventanal, … Este sitio dispón de moitos lugares para que a túa estancia sexa do máis agradable.
A carta está composta básicamente por tapas e teñen unha ampla variedade delas. De embutidos, queixos, revoltos, tortillas ou incluso carnes e peixes. Tamén nos viños teñen moito onde escoller. O servizo é rápido e atento. E os prezos son máis que razoables.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.