O furancho de Jorge está situado en Vilaboa. Trátase dun furancho moi doado de localizar e bastante cómodo polo seu amplo aparcadoiro.
Chegar a este furancho é moi sinxelo. Se ves pola estrada dende a Ponte de Rande, debes seguir a nacional N-554 e atravesar as parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres ata Vilaboa. Xusto despois de deixar o Centro de Conservación de Carreteras collemos un desvío a man dereita que nos leva directamente ó furancho.
Se, polo contrario, ves dende Redondela ou Pontevedra pola estrada N-550 debes collelo desvío hacia Moaña/Cangas por Vilaboa. Ó pasalo ceminterio temos que collelo primeiro desvío á esquerda. Non ten perda.
Ten un aparcadoiro dentro da finca para algúns coches, pero xusto ó carón da casa hai outro moito máis amplo, polo que é moi doado aparcar neste furancho.
Viño branco e tinto do país e de tapas serven tortilla, empanadas de pan de millo e trigo, empanadillas, raxo, pincho moruno, callos ou tetilla con membrillo entre outras.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.